Visualizacións de páxina totais

martes, 31 de marzo de 2020

REPASO 4

ESTE É O CADERNO DE REPASO DO DÍA DE HOXE.
ATRÉVESTE A EMPEZAR?

DESCARGAR

LAS ESTACIONES Y MESES - LA TIERRA

AQUÍ OS DEJO LA SEGUNDA PARTE DE ESTE PROYECTO SOBRE EL MUNDO QUE NOS RODEA. ¿TE ANIMAS A INVESTIGAR Y APRENDER?.
ENLACES:

- “LasEstaciones del Año para Niños  “de Mundo divertido de niños

- “ Canción infantil LOS MESES DEL AÑO” de Lolin1196
-    La Tierra y sus partes ”. En happy learning españoL.

- Volcanes y géiseres.  en happy learning español.



DESCARGAR

luns, 30 de marzo de 2020

REPASO 3

NESTE ARQUIVO QUEDAN ALGUNHAS ACTIVIDADES MÁIS DE REPASO, PARA QUE PODADES DESCARGAR, IMPRIMIR OU COPIAR.



DESCARGAR

EL MUNDO QUE NOS RODEA

EN ESTA SEMANA VAMOS A EMPEZAR UN NUEVO PROYECTO DE INVESTIGACIÓN EN EL QUE  ESTUDIAREMOS DEL MUNDO QUE NOS RODEA. A LO LARGO DE LOS PRÓXIMOS DÍAS NOS CONVERTIREMOS EN EXPLORADORES DE NUESTRO PLANETA, EL UNIVERSO, EL SISTEMA SOLAR...
ESTAIS LISTOS PARA COMENZAR?
PUES DESPEGAMOS!.
ENLACES:




DESCARGAR

venres, 27 de marzo de 2020

OS NOMES DOS MEUS AMIGOS

NESTA OCASIÓN TRABALLAREMOS COS NOMES DOS NENOS E NENAS DA NOSA CLASE, IMOS A REPASALOS, IDENTIFICAR AS SÚAS LETRAS E APRENDER A ESCRIBILAS AO LADO. DESPOIS DEBEREDES DE DEBUXAR E COLOREAR AOS VOSOS AMIGOS E AMIGAS DA ESCOLA. ADEMAIS PODEDES ENGADIR Á LISTA OS NOMES DA TÚA FAMILIA.

Podes descargar a páxina pinchando no enlace que tés máis abaixo.

DESCARGAR

xoves, 26 de marzo de 2020

ACTIVIDES DE REPASO 2

NESTA ENTRADA DEIXOVOS ALGUNHA NOVA ACTIVIDADE DE REPASO PARA QUE PODADES FACER NAS VOSAS CASAS ESTES DÍAS.  COMO SEMPRE PODEDES DESCARGALAS E IMPRIMILAS OU FACELAS VÓS MESMOS NUN FOLIO  SE O PREFERIDES ASÍ.


DESCARGAR

mércores, 25 de marzo de 2020

AULA INFANTIL 2

OLA A TODAS E TODOS . AQUÍ TEDES ALGUNHAS TARFEAS MÁIS QUE PODEDES FACER NA CASA. LEMBRADE RESPIRAR AIRE FRESCO TODOS OS DÍAS, AXUDAR ÁS VOSAS FAMILIAS NA CASA E LAVAR AS MANS MOI FRECUENTEMENTE. HOXE CENTRARÉMONOS UN POUCO NA EDUCACIÓN DAS NOSAS EMOCIÓNS.
ENLACES:

“Donde viven lo monstruos” de Maurice Sendak,  cuentos infantiles .



SÉ VALIENTE QUEDATE EN CASA

OLA FAMILIAS NESTA OCASIÓN QUERO COMPARTIR CON VÓS UN TRABALLIÑO QUE NOS PRETENDE ANIMAR A TODOS UN POUCO NESTES MOMENTOS TAN COMPLICADOS.
ESTE TRABALLO ESTÁ REALIZADO POR XOSÉ MANUEL LÓPEZ CABANA, UN MESTRE DE SARRIA QUE O COMPARTE DE BO GRADO CON TODOS NÓS. PARA EL E A SÚA FAMILIA OS MEUS AGRADECEMENTOS DENDE AQUÍ.
ANIMÁDESVOS A APRENDER A COREOGRAFÍA E CANTAR CON ELES?


Imaxe: Familia el amor arcoiris de Gordon Johnson - Pixbay

PARA DISFRUTAR  DESTE FERMOSO VÍDEO PINCHA NO ENLACE:

SÉ VALIENTE QUEDATE EN CASA

luns, 23 de marzo de 2020

Traballo de repaso 1

Nesta entrada tedes algúns exercicios de repaso de contidos dados nas semanas anteriores, por se vos animades a facelos. Tedes a posibilidade de descargalos e imprimilos ou tamén podedes copialos nun folio en branco se non contades con impresora.

DESCARGAR

sábado, 21 de marzo de 2020

O NOSO CORPO

ESTE É O TRABALLO QUE PROPUXEN ANTERIORMENTE SOBRE O NOSO CORPO. QUEDA DE NOVO ACCESIBLE AQUÍ POR SE QUEREDES DESCARGALO.



DESCARGAR

AULA DE INFANTIL 1


AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHAS DAS TAREFAS QUE VOS VAN A GUIAR NO TRABALLO DOS PRÓXIMOS DÍAS, AGARDO QUE AS DISFRUTEDES EN FAMILIA. DESTA VEZ TRATAREMOS AS PROPIEDADES DA LUZ E AS CORES. SE PREFERIDES PODEDES DESCARGAR O ARQUIVO NO SEGUINTE ENLACE:

www.thesingingwalrus.com

DESCARGAR

CARTA PARA AS FAMILIAS DE INFANTIL


Queridas familias:

Pode que vos estedes preguntando cómo vades a facer para que as nenas e nenos non perdan o trimestre estando na casa sen ir á escola. Por esa razón quero propoñervos unha serie de tarefas que podedes levar a cabo con eles, pero tamén quero que teñades en conta que non debedes agobiarvos vós, nin a eles tampouco nestes momentos nos que as cousas están tan patas arriba.
Compartireinas no blog para que así podades consultar as dúbidas que precisedes e facer os comentarios que consideredes oportuno. Os vosos fillos e fillas senten tanto medo coma nós agora mesmo, eles están escoitando todo o que está a suceder e notan a nosa ansiedade. Nunca antes experimentaran algo así e tamén se senten atrapados na casa e non  poden ver aos seus amigos e amigas. Isto tamén pode causar alteracións no seu comportamento, pero quero recalcar que o que nenesitan agora é sentirse protexidos e queridos. Sentir que todo vai a estar ben. Na medida das posibilidades xogade con eles fóra e facede paseos ou abride as ventás aproveitando o maior espazo exterior co que contedes. As miñas propostas a prtir deste momento van a xirar arredor das cousas que son cotiás e que se poden desenvolver sinxelamente nos vosos fogares, lembrade que so son propostas e que se non as podedes levar a cabo pola razón que sexa non teñen caracter obrigatorio nin serán avaliables na escola.
Non vos agobiedes por se quedan sen facer os traballos que temos na escola, estas propostas que vos envío poden suplilos sen moito problema e seguro que a vós se vos van a ocorrer outras moitas tamén. Cando voltemos ao cole, adaptarémonos a un ritmo que a eles lles vaia ben. Ese é o noso traballo como mestres, somos expertos niso.  Non lles impoñades tarefas que non queiran facer nin pelexedes con eles porque non queiran facelas. É importante que teñades en conta que o equilibrio emocional e a súa saúde mental son máis importantes que os contidos académicos que podan aprender ou non. E como viviron e se sentiron durante este tempo, quedará con eles quizais para o resto das súas vidas. Por iso tede moita paciencia e queredeos moito todos e cada un dos días que teñamos que estar metidos nas nosas casas.
Sei que de todo isto xa sodes  moi conscientes, pero quero recalcalo para que non vos agobiedes. Aquí vos deixo algunas recomendacións por se vos axudan:
            -  Implicade aos nenos/as nas tarefas da casa, así sentiránse útiles e responsables dalgunhas que eles podan facer ( recoller a súa roupa sucia, facer a cama…).
            -  Non deixedes que se conecten a unha pantalla todo o día. Conectade vós con eles, escoitádeos, adicádelles o tempo que podades. 

            -  Podemos facer ximnasia en familia, 
ioga, cociñar, xogar aos xogos de toda a vida, ver películas xuntos…
               Pero tamén é importante que busquedes un tempo para vós, para descansar algo e recargar enerxías sempre que podades. Necesitaredes estar ben para poder atender aos demáis. 

            E sobre todo non alarmedes aos nenos pola situación que estamos vivindo.
Seguro que desta situación podemos saír en certo modo un poco máis fortes e resistentes aos empurróns da vida. Porque xa sabedes que de todo se aprende.
Quero mandarvos unha chea de bicos virtuais para todos.
Agardo poder vervos pronto na escola.

Ana.