Visualizacións de páxina totais

venres, 26 de febreiro de 2016

O AMIGO INVISIBLE

CONVIVIMOS é unha proposta educativa, que quere fomentar unha convivencia baseada no respecto á diversidade, e na igualdade en dereitos e responsabilidades. Esta prosta que chegou a nós a través da Fundación Meniños, estase levando a cabo na nosa aula de infantil neste curso.
As dinámicas e actividades propostas xiran ao redor dunha serie de palabras clave, que constitúen o abecedario da convivencia. Trátase de fomentar tanto a comprensión do concepto, como a trasmisión de habilidades instrumentais, sociais e de comunicación, incidindo así na construción de actitudes e valores.

A de AMIZADE.

Xogamos a este xogo tan popular, no que a través dos compañeiros da escola podemos entender mellor este concepto da amizade.







Ningún comentario:

Publicar un comentario