Visualizacións de páxina totais

venres, 26 de febreiro de 2016

A ÁRBORE DAS EMOCIÓNS

O primeiro punto no desenvolvemento da intelixencia emocional é coñecemento e expresión das emocións, como paso previo para o seu manexo nas situaciónas difíciles. A prendeizaxe das diferentes expresións faciais e corporais das emocións, así como a súa asociación con situacións da vida coitá son unha base boa para o desenvolvemento de habilidades sociais e persoais nos máis cativos. De ahí a proposta de elaborar na aula unha árbore das emocións que reflicte a expresións de moitas delas.

O AMIGO INVISIBLE

CONVIVIMOS é unha proposta educativa, que quere fomentar unha convivencia baseada no respecto á diversidade, e na igualdade en dereitos e responsabilidades. Esta prosta que chegou a nós a través da Fundación Meniños, estase levando a cabo na nosa aula de infantil neste curso.
As dinámicas e actividades propostas xiran ao redor dunha serie de palabras clave, que constitúen o abecedario da convivencia. Trátase de fomentar tanto a comprensión do concepto, como a trasmisión de habilidades instrumentais, sociais e de comunicación, incidindo así na construción de actitudes e valores.

A de AMIZADE.

Xogamos a este xogo tan popular, no que a través dos compañeiros da escola podemos entender mellor este concepto da amizade.







luns, 22 de febreiro de 2016

PLANTACIÓNS DE VOZ NATURA

 Estamos este curso poñendo en marcha no noso cole o Proxecto de voz natura, a través do cal queremos ir mellorando pasiño a pasiño algunhas sas áreas verdes da nosa escola.

Agora andamos facendo plantacións con anaquiños de prantas máis grandes que nós poñemos na terra e regamos, grazas aos que podemos aprender moito sobre métodos de reprodución das prantas tamén.