Visualizacións de páxina totais

venres, 15 de abril de 2016

M DE MUNDO

O mundo é o noso planeta, o noso espazo global de convivencia. no mundo hai moitas cousas, Continentes, países animais, plantas, cicades e aldeas, riqueza e pobreza, costumes e culturas... Coñecélas enriquécenos.
 Pero no mundo tamén hai cousas que non están ben: Guerras, pobreza, contaminación....
Podemos cambiar o mundo?. Cómo?. Nós pensamos que sí, por iso estamos a traballar con isto na escola. Pero ser, é cousa de todos ....





xoves, 14 de abril de 2016

RODCHENKO: O VOLUME

OBRADOIROS DE RECICLAXE:

ESCULTURA: CONSTRUCIÓN DE ESTRUCTURAS E VOLÚMENES.

ESTA É UNHA OBRA COLECTIVA REALIZADA ENTRE TODAS AS NENAS E NENOS DA AULA DE INFANTIL NUN TRABALLO EN EQUIPO COLABORATIVO.

ESTÁ FEITA UTILIZANDO COMO MATERIAL BASE ÚNICAMENTE CARTÓN E TRABALLA PRINCIPALMENTE A CONSTRUCIÓN EN VOLUME E AS ESTRUCTURAS EN DISTINTOS ELEMENTOS. AO ESTILO DO ESCULTOR RUSO: ALEXANDER RODCHENKO.





mércores, 13 de abril de 2016

KANDINSKI, RECICLANDO CON ARTE

AO LONGO DESTAS SEMANAS ESTAMOS LEVANDO A CABO UNHA SERIE DE OBRADOIROS DE RECICLAXE NOS QUE INTENTAMOS DAR NOVOS USOS A DISTINTOS MATERIAIS QUE NORMALMENTE VAN A PARAR AO LIXO.

ESTAS SON ALGUNHAS DAS IMAXES DAS ACTIVIDADES LEVADAS A ACABO:

UN CADRO AO ESTILO DO DUN FAMOSO ARTISTA, " KANDISKI ", ELABORADO CON TAPÓNS E CORES, PAPEIS E CARTÓN RECICLADO. NAS QUE SE TRABALLA O PLANO E AS FIGURAS XEOMÉTRICAS, OS TAMAÑOS E A COMPOSICIÓN DE CORES.








mércores, 16 de marzo de 2016

A HISTORIA DO MEU NOME

Con Q de quererse:

Querese a si mesmo e a si mesma. Cada persoa é única. non existen dúas persoas iguais: nin no seu aspecto físico nin no xeito de pensar, de sentir, relacionarse cos demais... Somos seres únicos e irrepetibles e só polo mero feito de existir somos seres moi valiosos; é por iso que recoñecendo as nosas peculiaridades temos que aceptarnos e querernos, para que as demais persoas nos acepten e nos queiran tal e como somos.
Así que empezamos por coñecer as orixes e o significado do noso nome.



venres, 26 de febreiro de 2016

A ÁRBORE DAS EMOCIÓNS

O primeiro punto no desenvolvemento da intelixencia emocional é coñecemento e expresión das emocións, como paso previo para o seu manexo nas situaciónas difíciles. A prendeizaxe das diferentes expresións faciais e corporais das emocións, así como a súa asociación con situacións da vida coitá son unha base boa para o desenvolvemento de habilidades sociais e persoais nos máis cativos. De ahí a proposta de elaborar na aula unha árbore das emocións que reflicte a expresións de moitas delas.

O AMIGO INVISIBLE

CONVIVIMOS é unha proposta educativa, que quere fomentar unha convivencia baseada no respecto á diversidade, e na igualdade en dereitos e responsabilidades. Esta prosta que chegou a nós a través da Fundación Meniños, estase levando a cabo na nosa aula de infantil neste curso.
As dinámicas e actividades propostas xiran ao redor dunha serie de palabras clave, que constitúen o abecedario da convivencia. Trátase de fomentar tanto a comprensión do concepto, como a trasmisión de habilidades instrumentais, sociais e de comunicación, incidindo así na construción de actitudes e valores.

A de AMIZADE.

Xogamos a este xogo tan popular, no que a través dos compañeiros da escola podemos entender mellor este concepto da amizade.







luns, 22 de febreiro de 2016

PLANTACIÓNS DE VOZ NATURA

 Estamos este curso poñendo en marcha no noso cole o Proxecto de voz natura, a través do cal queremos ir mellorando pasiño a pasiño algunhas sas áreas verdes da nosa escola.

Agora andamos facendo plantacións con anaquiños de prantas máis grandes que nós poñemos na terra e regamos, grazas aos que podemos aprender moito sobre métodos de reprodución das prantas tamén.