Visualizacións de páxina totais

mércores, 24 de xuño de 2015

Proxecto de traballo: PESCADORES DE SANCLODIO

Un pequeno resumo do que foi o principal tema de traballo no terceiro trimestre.   Pasámolo xenial e ademais aprendemos un montón de cousas. Pero dende aquí, queremos agradecer especialmente ás familias a súa gran colaboración neste proxecto, coma sempre.


sábado, 20 de xuño de 2015

xoves, 11 de xuño de 2015

CONVIVENCIA CON QUIROGA

Esta mañá collemos o bus e marchamos a pasar unhas horiñas coas nenas e nenos de Quiroga, alí disfrutamos dunha xornada na que puidemos achegarnos a coñecer un pouco máis aos membros da Garda civil e do Seprona de Quiroga e o Caurel, con eles puidemos subirnos aos seus coches e motos, facer soar as sereas, probar os seus cascos, chalecos... falar con eles e coñecelos un pouco máis de cerca.
Logo disfrutamos duns xogos e unha merendiña que nos tiñan preparados cos nenos e nenas de infantil. Pasámolo xenial, grazas a todos!. Tamén a Severo que nos levou e nos trouxo totalmente gratis.


martes, 9 de xuño de 2015

TRANSPLANTANDO CARAVEIS,VIOLETAS E TAGETES

 Tempo atrás sementamos unhas sementiñas en compost, e agora que xa están medradas é hora de transplantalas  unha a unha para que podan medrar ben. Iso foi o que fixemos hoxe, utilizando os vasiños de iogurt reciclados do comedor para algunhas. Pero como tiñamos moitísimas prantamos tamén outras no noso xardín. 

E agora coidarémolas moito, moito, para que nos den boas floriñas dentro dunhas semanas. E é que nos encanta remexer coa terra e a auga coas nosas pequechas pero laboriosas manciñas.





DISFRUTANDO DA PESCA


OS AVENTUREIROS DE INFANTIL TIVEMOS UNHA XORNADA DE DISFRUTE DA PESCA ONTE POLA MAÑÁ. A PRIMEIRA HORA COLLEMOS AS CANAS QUE DÍAS ATRÁS ESTIVEMOS FACENDO NA CLASE E ALÁ NOS MARCHAMOS CON ELAS A PROBAR SORTE NO ESTANQUE DE PEIXES DA AULA DE PESCA.
TODA UNHA AVENTURA!. QUE GUSTO PESCAR TODOS XUNTIÑOS.  LOGO UNHA MERENDOLA E ALGO DE XOGOS NO PARQUE ANTES DE VOLVER AO COLE.




venres, 5 de xuño de 2015

ENTREVISTA A UN PAPÁ EXPERTO EN TROITAS E ANGUÍAS

Esta mañá tivemos a sorte de contar con Luis, o papá de Marcos e experto en troitas e anguías, na nosa aula para contestar algunhas das nosas preguntas coa maior da paciencia do mundo. Foi un momentiño especial e tanto nos gustou que quedamos en que volverá para outro día, ainda que sexa no próximo curso, a facernos outra visita. Con el aprendemos de todo: qué comen as anguías e as troitas, cómo é a súa vida, onde nacen, canto tempo viven, como son de grandes... Que por dentro teñen un corazón e un cerebro pequechiños como a nosa unlla. Pero tamén nos contou como están máis ricas e como hai que facer para poder matalas e logo cociñalas. Dende aquí queremos darlle as grazas a Luís, e convidar a todos os demais papás e mamás a que se animen a virnos a contar todas aquelas cousas que eles tamén saben e que a nós nos encanta escoitarlles.