Visualizacións de páxina totais

domingo, 8 de novembro de 2015

SAMAIN 2015

Este é un resumo en imaxes das actividades que se realizaron ao longo das datas do Samaín-halloween deste ano. Contos de medo na biblioteca, inventando historias de medo en infantil, decoracións do cole, exposición de cabazas e entrega de diplomas, obradoiro de maquillaxe e moita música de medo....

domingo, 18 de outubro de 2015

PINTANDO O NOSO PATIO

Un pequeno resumo dos traballos feitos no patio da nosa escola nas últimas semanas, grazas á colaboración das familias e as nenas e nenos da escola.  E seguiremos traballando.


domingo, 11 de outubro de 2015

Obradoiro de pintura

O noso patio necesitaba un cambio e as nenas e nenos da escola querían xogos divertidos para o tempo de lecer, así foi como xurdíu a idea deste obradoiro de pintura que  está sendo posible levar a cabo grazas ao traballo desinteresado das familias.



venres, 25 de setembro de 2015

OS NOSOS ANIVERSARIOS

Aquí presentamos unha colección de fotos de algúns dos nosos mellores momentos do ano. días felices e entretidos para todas e todos.


mércores, 24 de xuño de 2015

Proxecto de traballo: PESCADORES DE SANCLODIO

Un pequeno resumo do que foi o principal tema de traballo no terceiro trimestre.   Pasámolo xenial e ademais aprendemos un montón de cousas. Pero dende aquí, queremos agradecer especialmente ás familias a súa gran colaboración neste proxecto, coma sempre.


sábado, 20 de xuño de 2015

xoves, 11 de xuño de 2015

CONVIVENCIA CON QUIROGA

Esta mañá collemos o bus e marchamos a pasar unhas horiñas coas nenas e nenos de Quiroga, alí disfrutamos dunha xornada na que puidemos achegarnos a coñecer un pouco máis aos membros da Garda civil e do Seprona de Quiroga e o Caurel, con eles puidemos subirnos aos seus coches e motos, facer soar as sereas, probar os seus cascos, chalecos... falar con eles e coñecelos un pouco máis de cerca.
Logo disfrutamos duns xogos e unha merendiña que nos tiñan preparados cos nenos e nenas de infantil. Pasámolo xenial, grazas a todos!. Tamén a Severo que nos levou e nos trouxo totalmente gratis.


martes, 9 de xuño de 2015

TRANSPLANTANDO CARAVEIS,VIOLETAS E TAGETES

 Tempo atrás sementamos unhas sementiñas en compost, e agora que xa están medradas é hora de transplantalas  unha a unha para que podan medrar ben. Iso foi o que fixemos hoxe, utilizando os vasiños de iogurt reciclados do comedor para algunhas. Pero como tiñamos moitísimas prantamos tamén outras no noso xardín. 

E agora coidarémolas moito, moito, para que nos den boas floriñas dentro dunhas semanas. E é que nos encanta remexer coa terra e a auga coas nosas pequechas pero laboriosas manciñas.





DISFRUTANDO DA PESCA


OS AVENTUREIROS DE INFANTIL TIVEMOS UNHA XORNADA DE DISFRUTE DA PESCA ONTE POLA MAÑÁ. A PRIMEIRA HORA COLLEMOS AS CANAS QUE DÍAS ATRÁS ESTIVEMOS FACENDO NA CLASE E ALÁ NOS MARCHAMOS CON ELAS A PROBAR SORTE NO ESTANQUE DE PEIXES DA AULA DE PESCA.
TODA UNHA AVENTURA!. QUE GUSTO PESCAR TODOS XUNTIÑOS.  LOGO UNHA MERENDOLA E ALGO DE XOGOS NO PARQUE ANTES DE VOLVER AO COLE.




venres, 5 de xuño de 2015

ENTREVISTA A UN PAPÁ EXPERTO EN TROITAS E ANGUÍAS

Esta mañá tivemos a sorte de contar con Luis, o papá de Marcos e experto en troitas e anguías, na nosa aula para contestar algunhas das nosas preguntas coa maior da paciencia do mundo. Foi un momentiño especial e tanto nos gustou que quedamos en que volverá para outro día, ainda que sexa no próximo curso, a facernos outra visita. Con el aprendemos de todo: qué comen as anguías e as troitas, cómo é a súa vida, onde nacen, canto tempo viven, como son de grandes... Que por dentro teñen un corazón e un cerebro pequechiños como a nosa unlla. Pero tamén nos contou como están máis ricas e como hai que facer para poder matalas e logo cociñalas. Dende aquí queremos darlle as grazas a Luís, e convidar a todos os demais papás e mamás a que se animen a virnos a contar todas aquelas cousas que eles tamén saben e que a nós nos encanta escoitarlles.

martes, 5 de maio de 2015

EDUCAR EN LA REALIDAD

É esta unha recomendadísima lectura onde a autora se pregunta cómo conciliar estas ideas “¿Cómo educar en el mundo actual, en la belleza de la realidad y teniendo en cuenta la naturaleza de nuestros niños? ¿Qué lugar deben ocupar o como pueden educar la Nuevas Tecnologías en la búsqueda de la perfección de que la naturaleza de los niños y de los jóvenes es capaz?

 



Para quen queIra saber más sobre esta e outras publicacións pode acceder á web e blog de Catherine L´Ecuyer, Apego&asombro