Visualizacións de páxina totais

venres, 29 de maio de 2020

O DRAGÓN COMEMEDOS

Hoxe tócanos desfrutar dun pouquiño de lectura en familia, aquí vos deixo unha aventura do Dragón Comemedos de RuAn, que de xeito gratuito nos ofrece Edicións Bahía, a quen dende aquí queremos darlle as grazas.

DESCARGAR

xoves, 28 de maio de 2020

REPASO 21

Estas son as actividades de repaso coas que poderás entreterte traballando con novas actividades nas que o seu protagonista será Cocorico.

DESCARGAR

mércores, 27 de maio de 2020

AULA INFANTIL 17

COCORICO é un dos nosos contos favoritos, neste conto as nenas e nenos aprenden a importancia de compartir e tamén de cumprir as promesas feitas. Através desta personaxe achegarémonos ademáis ao mundo dos pitiños cos que nos imos a divertir xogando en familia e aprendendo moitas outras cousas sobre eles.

_ “COCORICO" - (PELICULA EN GALEGO) do canal Taxi Roberto Burela
"O POLO PEPE" - (CANCION E CONTO - BOA CALIDADE) do canal Taxi Roberto Burela 
Cómo hacer un pollito en plastilina. Do canal Dibujos En Acción
- Cómo dibujar un Pollito do canal Rincon Dibujos  
- Receta de bizcocho con niños  do canal Ana Conideade manualidades 

    Pollito de cartón do canal Hora de DIY * ¡Hoy no hay cole!



DESCARGAR

martes, 26 de maio de 2020

REPASO 20

Nesta entrega déixovos novas actividades de repaso que vos servirán para seguir repasando sobre a vida e as características principais dun dos animais máis queridos nas nosas granxas, a vaca.

DESCARGAR

luns, 25 de maio de 2020

AULA INFANTIL 16

Nas diferentes Cumbres da Terra denunciouse o constante deterioro medio ambiental e a desaparición de especies que viven no noso planeta. Na proposta educcativa que comezamos agora e se desenvolve ao longo dos próximos días, aspírase a fortalecer o vínculo das nenas e nenos co seu contexto educativo e os seres que o habitan. Recollemos actividades que implican ás familias e que perseguen  desenvolver actitudes positivas cara os animais, concienciar ao alumnado da súa importancia e fomentar o respecto, o coidado e a súa protección. Esta semana empezaremos a coñecer un dos espazos máis motivadores para o noso alumnado, a granxa, empezando polos os animais que nela viven.

- CUENTO inclusivo - "A vaca que puxo un ovo" - contos en galego do canal Taxi Roberto Burela
-       La vaca lola canciones infantiles do canal toycantando
-       CantaJuego - Señora Vaca co canal CantaJuegoVEVO
-       La vaca lechera canciones infantiles do canal toycantando


DESCARGAR

venres, 22 de maio de 2020

REPASO 19

Repasaremos agora algunhas das cousiñas vistas tanto na clase como na proposta anterior xogando cos parrulos.

DESCARGAR

xoves, 21 de maio de 2020

mércores, 20 de maio de 2020

AULA INFANTIL 15

SEGUIREMOS DISFRUTANDO COS CONTOS E NESTA OCASIÓN TRABALLAREMOS, NA COMPAÑA DOS PARRULOS, DIFERENTES VALORES COMO A TOLERANCIA E O RESPECTO POLO DIFERENTE, ADEMÁIS DO COIDADO DO MEDIO AMBIENTE. AGARDO QUE ESTA PROPOSTA VOS GUSTE A TODAS/OS.
 ENLACES:
-       CUENTO inclusivo ( ¿Eres un pato?) do canal Missmar book
-       LOS PATOS DEL LAGO do canal Cuentos Infantiles
      -  Cinco patitos | Canciones infantiles | do canal LittleBabyBum
-       Cómo hacer un pato de plastilina paso a paso fácil, explicado, arcilla polimérica. Do canal Dibujos En Acción
-       Cómo dibujar un pato paso a paso | Dibujos para niños do canal herry Dibujos

DESCARGAR

REPASO 18

Neste pack tedes novas actividades de repaso coas que poderedes seguir aprendendo na compaña do Coelliño Branco.

DESCARGA

martes, 19 de maio de 2020

AULA INFANTIL 14

De novo un dos contos preferidos da clase serviranos hoxe para achegarnos ao mundo dun dos animais que máis nos gusta o Coelliño Branco. Agardo que disfrutedes de novo deste fermoso conto no que se demostra que por ser grandes non hai que abusar dos demáis e que por ser pequeno non hai que ser menos valentes nin menos listo que ninguén.
ENLACES:

-     Coelliño Branco do canal garatuxa cee vilagarcia. Conto

-     Coelliño Branco do canal bibliofranza

       - Ronda de los Conejos - Canciones de la Granja de Zenón
      - Cómo dibujar un Conejito Paso a Paso | Dibujos Fáciles do canal Rincon Dibujos

DESCARGAR

venres, 15 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas que este ano están adicadas a Ricardo Carvalho Calero, nesta entrada déixovos algunhas actividades para que coñezades algo máis do autor e comparto uns videos: unha ANIMÓTICA elaborada no CEE de Vilagarcía sobre unha das súas obras, " As pitas baixo a choiva", ademais dun PREGUNTOIRO MUSICAL que nos ofrece un percorrido pola biogradía do autor de José Manuel López Cabana de Sarria, aos que dende aquí agradecemos que compartan con nós e lles damos a noraboa polo seu fermoso traballo.

DESCARGAR

 AS PITAS BAIXO A CHOIVA


PREGUNTOIRO MUSICAL
 

xoves, 14 de maio de 2020

REPASO 17

Este é un novo repaso sobre o tema traballado na entrada anterior, no que estivemos aprendendo cousiñas novas sobre as ras. Agardo que vos guste moito.

DESCARGAR

mércores, 13 de maio de 2020

AULA INFANTIL 13

na primavera chove moitos días, e hai auga por todas partes, nas beiras tranquilas dos rios que ainda están limpiños, nos regatos pequenos e nas charcas acumúlase auga en pozas que ofrecen un espazo apropiado para que vivan unha comunidade de animais acuáticos ou semiacuáticos. Hoxe achegarémonos a coñecer algo máis sobre un deles A RA.
ENLACES:

-       SARITA, LA RANA SALTARINA do canal Cuentos Infantiles
-       Cuidado con la rana - Cuentos infantiles do canal Cuentacuentos Beatriz Montero
-       El ciclo de vida de la rana | Canciones infantiles | Tema original de LBB Junior do canal Moonbug Kids en Español - Canciones Infantiles
DESCARGAR

martes, 12 de maio de 2020

ACTIVIDADES DE INGLÉS

Estas son as novas actividades de inglés que vos envía a profe María. Podedes descargalas no enlace de abaixo.

DESCARGAR

REPASO 16

Estas son algunhas páxinas máis de repaso que acompñan ao traballado na proposta da bolboreta e o conto da Eiruga Larpeira que se publicaron con anterioridade.

DESCARGAR

luns, 11 de maio de 2020

AULA INFANTIL 12

Para empezar esta semana con ilusión imos a xogar agora con outro dos animais máis fermosos que nacen estos días de primavera, a Bolboreta que nunca para quieta. Mira na proposta e irás atopando as actividades para as que che servirán de axuda estes enlaces.
ENLACES:
-       A eiruga larpeira do canal Mary gonzalez
-       La pequeña oruga glotona - Editorial Kokinos - Cuento infantil do canal A jugar
-    The Very Hungry Caterpillar - Animated Film do canal Illuminated Films
-       Como dibujar una Mariposa Fácil | Dibujo de Mariposa paso a paso do canal Rincon Dibujos.
-       LA MARIPOSITA cancion infantil do canal toycantando
-       Mariposita-  do canal Gallina Pintadita 2