Visualizacións de páxina totais

venres, 12 de xuño de 2020

UN DÍA DE TREBOADA

Nesta ocasión comparto de novo con vós un libriño que nos fala da igualdade a través dun conto moi fermoso que sucedeu un día de verán. Esta historia foi creada por María de Mata, ilustrada por Mariana Riestra, e compartida de de xeito altruista por Bahía Edicións, a quen damos as grazas dende aquí, agardo que a desfrutes moito.

DESCARGAR

mércores, 10 de xuño de 2020

REPASO 25

Nesta proposta poderás seguir xogando e aprendendo máis cousas ben interesantes sobre a abellas.


DESCARGAR

AULA INFANTIL 21

Nestes días finais da primavera hai uns animaliños que se afanan a traballar sen descanso indo de flor en flor para elaborar O MEL, un dos alimentos máis ricos de todos, sabes de quen estou falando?, si son as abellas que como xa vimos na clase buscan o néctar para elaborar o mel e así polinizan as flores. Lembra que temos que coidalas e nunca atacalas.
ENLACES

- Video abejas Educación infantil  do canal Avenida Sur
Zumba Zumba Abejas | Bichos | do canal PINKFONG Canciones Infantiles

DESCARGAR

martes, 9 de xuño de 2020

REPASO 24

o vento que zoa dache na cara e ti non o vés pero podes sentilo se pós interés. Nesta proposta poderás seguir aprendendo co vento.

DESCARGAR

luns, 8 de xuño de 2020

Aula infantil 20

Sabemos que o vento é invisible, pero nesta proposta imos tratar de facer visible o invisible, por iso vos achego algunhas actividades e retos que vos axudarán a percibir o vento e xogar con el. Son ideas sinxelas que podedes probar na casa, na rúa ou no parque. Agardo que vos divirtades moito con elas.

- COMO HACER LIQUIDO PARA BURBUJAS GIGANTES ,CASERO Y MUY FACIL do canal Noa films


DESCARGAR

venres, 5 de xuño de 2020

5 DE XUÑO DÍA DO MEDIOAMBIENTE

Hoxe temos unha proposta especial porque se celebra o Día Mundial do medioambiente, todos nós somos moi conscientes da necesidade de axudar a manter o noso planeta limpo e libre de contaminación, para iso hoxe temos porpostas diferentes a primeira é unha actvididade para aprender a reciclar.

 DESCARGAR

Agora propóñovos un reto para levar a cabo na seguinte semana e que consiste en realizar as tarefas de :
SEPARACIÓN DE LIXO
REUTILIZACIÓN DE ENVASES
DESCONECTAR OS APARELLOS ELÉCTRICOS QUE NON SE ESTÁN A USAR
 REUTILIZAR BOLSAS NAS COMPRAS
AFORRO DE AUGA
 Deberedes ir marcando nun almanaque ou un diario ao longo da semana cantas veces realizades cada unha destas tarefas.e ao rematar a semana facer un reconto para ver como de eficientes fóstedes protexendo o medio ambiente. Esta proposta foi eleborada pola profesora Estefanía Torres a quen queremos agradecer dende aquí que a comparta con nós.

DESCARGAR


xoves, 4 de xuño de 2020

REPASO 23

Estas son as actividades de repaso correpondentes á proposta anterior na que podedes seguir aprendendo novas cousiñas sobre as nubes.

DESCARGA

mércores, 3 de xuño de 2020

ACTIVIDADES DE INGLÉS

Déixovos aquí unha nova proposta de actividades de inglés enviadas pola profe María.

DESCARGAR

AULA INFANTIL 19

Estar nas nubes hoxe vai a ser prioritario, mira arriba e deixa voar a túa imaxinación ben alto. Anímate a subir ata as nubes.
ENLACES: 
- Cigüeñas y Nubes do canal EDUCAndo escuela infantil  (cortos pixar)
- Como hacer Plastilina con Acondicionador de Cabello do canal ManualidadesPlus

- Nubes - Alegría! Do canal Sonárbore

- Nube Nube do canal tiempo de sol



DESCARGAR

martes, 2 de xuño de 2020

REPASO 22

Esta proposta de repaso ofrécevos a posibilidade de traballar con conceptos que se viron na aula, recolle as actividades correpondentes á temática xa vista na anterior entrada sobre a choiva.


DESCARGAR

luns, 1 de xuño de 2020

AULA INFANTIL 18

Nestes días tormentosos ofrécesenos a posibilidade de observar de preto algúns femómenos meteorolóxicos moi interesantes e ao mesmo tempo podemos difrutatr incluso deles sen pasar frío coma no inverno. Hoxe coñeceremos algo máis da choiva e intentaremos disfrutar dela.
ENLACES: 

a choiva TIC TAC do canal arquivos primeirociclo

Que llueva Que llueva Canción infantil do canal toycantando

 

DESCARGAR

venres, 29 de maio de 2020

O DRAGÓN COMEMEDOS

Hoxe tócanos desfrutar dun pouquiño de lectura en familia, aquí vos deixo unha aventura do Dragón Comemedos de RuAn, que de xeito gratuito nos ofrece Edicións Bahía, a quen dende aquí queremos darlle as grazas.

DESCARGAR

xoves, 28 de maio de 2020

REPASO 21

Estas son as actividades de repaso coas que poderás entreterte traballando con novas actividades nas que o seu protagonista será Cocorico.

DESCARGAR

mércores, 27 de maio de 2020

AULA INFANTIL 17

COCORICO é un dos nosos contos favoritos, neste conto as nenas e nenos aprenden a importancia de compartir e tamén de cumprir as promesas feitas. Através desta personaxe achegarémonos ademáis ao mundo dos pitiños cos que nos imos a divertir xogando en familia e aprendendo moitas outras cousas sobre eles.

_ “COCORICO" - (PELICULA EN GALEGO) do canal Taxi Roberto Burela
"O POLO PEPE" - (CANCION E CONTO - BOA CALIDADE) do canal Taxi Roberto Burela 
Cómo hacer un pollito en plastilina. Do canal Dibujos En Acción
- Cómo dibujar un Pollito do canal Rincon Dibujos  
- Receta de bizcocho con niños  do canal Ana Conideade manualidades 

    Pollito de cartón do canal Hora de DIY * ¡Hoy no hay cole!



DESCARGAR

martes, 26 de maio de 2020

REPASO 20

Nesta entrega déixovos novas actividades de repaso que vos servirán para seguir repasando sobre a vida e as características principais dun dos animais máis queridos nas nosas granxas, a vaca.

DESCARGAR

luns, 25 de maio de 2020

AULA INFANTIL 16

Nas diferentes Cumbres da Terra denunciouse o constante deterioro medio ambiental e a desaparición de especies que viven no noso planeta. Na proposta educcativa que comezamos agora e se desenvolve ao longo dos próximos días, aspírase a fortalecer o vínculo das nenas e nenos co seu contexto educativo e os seres que o habitan. Recollemos actividades que implican ás familias e que perseguen  desenvolver actitudes positivas cara os animais, concienciar ao alumnado da súa importancia e fomentar o respecto, o coidado e a súa protección. Esta semana empezaremos a coñecer un dos espazos máis motivadores para o noso alumnado, a granxa, empezando polos os animais que nela viven.

- CUENTO inclusivo - "A vaca que puxo un ovo" - contos en galego do canal Taxi Roberto Burela
-       La vaca lola canciones infantiles do canal toycantando
-       CantaJuego - Señora Vaca co canal CantaJuegoVEVO
-       La vaca lechera canciones infantiles do canal toycantando


DESCARGAR

venres, 22 de maio de 2020

REPASO 19

Repasaremos agora algunhas das cousiñas vistas tanto na clase como na proposta anterior xogando cos parrulos.

DESCARGAR

xoves, 21 de maio de 2020

mércores, 20 de maio de 2020

AULA INFANTIL 15

SEGUIREMOS DISFRUTANDO COS CONTOS E NESTA OCASIÓN TRABALLAREMOS, NA COMPAÑA DOS PARRULOS, DIFERENTES VALORES COMO A TOLERANCIA E O RESPECTO POLO DIFERENTE, ADEMÁIS DO COIDADO DO MEDIO AMBIENTE. AGARDO QUE ESTA PROPOSTA VOS GUSTE A TODAS/OS.
 ENLACES:
-       CUENTO inclusivo ( ¿Eres un pato?) do canal Missmar book
-       LOS PATOS DEL LAGO do canal Cuentos Infantiles
      -  Cinco patitos | Canciones infantiles | do canal LittleBabyBum
-       Cómo hacer un pato de plastilina paso a paso fácil, explicado, arcilla polimérica. Do canal Dibujos En Acción
-       Cómo dibujar un pato paso a paso | Dibujos para niños do canal herry Dibujos

DESCARGAR