Visualizacións de páxina totais

xoves, 19 de marzo de 2015

UNHA AVENTURA DE ASTRONOMÍA

Esta tempada estamos moi ocupados aprendendo cousiñas do noso universo, os planetas e o sistema solar. Para poder investigar empezamos por construir a nosa nave espacial e alá imos cara o espazo interestelar dereitiños a medrar aprendendo máis e máis. Se nos queredes acompañar, podedes ver con nós o eclipse solar do día 20 de marzo pola mañá, e recordade non mirar nunca ao sol directamente. Deixámos aquí un enlace a esta páxina por cortesía do Faro de Vigo na que poderemos velo sen perigo ningún para os nosos olliños.