Visualizacións de páxina totais

xoves, 4 de decembro de 2014

THE RAINBOW FISH

The Rainbow fish by Marcus Pfister.

As nenas e nenos de infantil estamos a preparar con moito entusiasmo unha historia chamada THE RAINBOW FISH. Si en inglés, ademais de entusiastas somos unhos valentes!

Podédela ver aquí:

Este conto, coñecido por nenas e nenos de todos os continentes, fálanos dun peixe un pouco vanidoso e bastante solitario que vai descubrir o verdadeiro valor da amizade e o efímero e relativo da beleza física.
Recórdanos que polo simple feito de ser fermosos por fóra non temos porque gustar necesariamente aos demais. E que unha amizade comenza con algo tan simple como compartir. Pero a historia fainos ver que non so consiste en dar algo noso e prezado, se non facer feliz a alguén e sentirse satisfeito por iso. Compartimos o noso tempo, o xogo, o traballo, as emocións... E polo camiño facemos amigos!