Visualizacións de páxina totais

mércores, 26 de novembro de 2014

O ACUARIO

Esta semana temos novos compañeiros na escola, tres fermosos peixiños comparten con nós dende hai uns días a nosa clase. Estas son as imaxes de como foi o proceso.


TEMOS UN VOLCÁN NO COLE

Queredes saber como funciona un volcán?, pois mirade entón o que nós averiguamos.

O VOLCAN EN ACCIÓN

Logo de varios días de traballo e de esperar a que secase o suficiente puxémonos a facer o experimento, mesturamos os elementos e booom o volcán por fin erupcionou.

RIMAS PIRATAS

Aquí vos deixamos unha pequena mostar da nosa exposición de rimas piratas, feitas na escola cos nosos nomes e entre todos. Se vos animades pasade pola clase a velas ilustradas. agardamos que vos gusten tanto como a nós.

domingo, 23 de novembro de 2014

EL TESORO DE BARBA NEGRA

Como motivación para achegarnos ao mundo da lectura e a escritura dun xeito lúdico, na nosa clase inventamos un conto pirata, a partir de outro que xa leramos antes.

Para iso, primeiro reflexionamos sobre cal sería o inicio, o nó e o desenlace. Fragmentamos o conto nestes momentos e creamos un conto novo.

Para empezar fixemos un primeiro borrador co texto que inventamos, a partir del elaboramos un segundo borrador no que se fan as melloras que entre todos consideramos oportunas. Traballamos o código de escritura, o léxico, o uso de maiúsculas e minúscula... ampliando e enriquecendo o primeiro borrador con adxectivos, detalles sentimentos... Isto faise coa intención de comprobar cas primeiras versións que se realizan, sempre se poden mellorar. E aquí amosamos o resultado.