Visualizacións de páxina totais

martes, 28 de outubro de 2014

O ESQUELETO XIGANTE

Aquí vos mostramos o noso primeiro conto colectivo, feito entre todas e todos na nosa clase, para participar no concurso de historias de medo ilustradas convocado con motivo da nosa visita ao cole de Vilamartín. Agardamos que o disfrutedes tanto como a nós nos gustou facelo.


As cabazas do Samaín

Estamos xa rematando o mes de outubro e con este chegan as datas do Samaín, tamén chamado Halloween noutras terras, é tempo de bruxas, pantasmas, esqueletos, monstros e como non, tamén de cabazas. Aquí están as nosas.


Hábitos saudables

O xoves 23 de outubro tivemos unha visita especial na nosa clase. Acompañados do profe Fran viñeron Alex, Zaida e Iván a explicarnos unhas cantas cousas sobre hábitos de saúde, para ensinarnos a comer ben, coidar os nosos sentidos e o noso corazón. Foi unha fermosa experiencia que nos puxo moi contentos e dende aquí queremos dar as grazas ao noso compañeiros por contarnos tantas cousas interesantes.


mércores, 15 de outubro de 2014

ESTES SOMOS NÓS

Despois do primeiro mes de clase, fromamos xa un bo equipo, estas son algunhas das mellores imaxes deste tempo xuntos.

martes, 14 de outubro de 2014

VOTAMOS A ANDAR

Ola a todas e todos: aquí estamos, votamos a andar.
Este novo curso queremos empezar con forza, e que a vosa compaña nos dé folgos para todo o camiño que nos queda por andar. Contamos con vós familias e amigos, porque indo xuntos todo é sempre mellor.
Empeza a aventura!