Visualizacións de páxina totais

venres, 12 de xuño de 2020

UN DÍA DE TREBOADA

Nesta ocasión comparto de novo con vós un libriño que nos fala da igualdade a través dun conto moi fermoso que sucedeu un día de verán. Esta historia foi creada por María de Mata, ilustrada por Mariana Riestra, e compartida de de xeito altruista por Bahía Edicións, a quen damos as grazas dende aquí, agardo que a desfrutes moito.

DESCARGAR

mércores, 10 de xuño de 2020

REPASO 25

Nesta proposta poderás seguir xogando e aprendendo máis cousas ben interesantes sobre a abellas.


DESCARGAR

AULA INFANTIL 21

Nestes días finais da primavera hai uns animaliños que se afanan a traballar sen descanso indo de flor en flor para elaborar O MEL, un dos alimentos máis ricos de todos, sabes de quen estou falando?, si son as abellas que como xa vimos na clase buscan o néctar para elaborar o mel e así polinizan as flores. Lembra que temos que coidalas e nunca atacalas.
ENLACES

- Video abejas Educación infantil  do canal Avenida Sur
Zumba Zumba Abejas | Bichos | do canal PINKFONG Canciones Infantiles

DESCARGAR

martes, 9 de xuño de 2020

REPASO 24

o vento que zoa dache na cara e ti non o vés pero podes sentilo se pós interés. Nesta proposta poderás seguir aprendendo co vento.

DESCARGAR

luns, 8 de xuño de 2020

Aula infantil 20

Sabemos que o vento é invisible, pero nesta proposta imos tratar de facer visible o invisible, por iso vos achego algunhas actividades e retos que vos axudarán a percibir o vento e xogar con el. Son ideas sinxelas que podedes probar na casa, na rúa ou no parque. Agardo que vos divirtades moito con elas.

- COMO HACER LIQUIDO PARA BURBUJAS GIGANTES ,CASERO Y MUY FACIL do canal Noa films


DESCARGAR

venres, 5 de xuño de 2020

5 DE XUÑO DÍA DO MEDIOAMBIENTE

Hoxe temos unha proposta especial porque se celebra o Día Mundial do medioambiente, todos nós somos moi conscientes da necesidade de axudar a manter o noso planeta limpo e libre de contaminación, para iso hoxe temos porpostas diferentes a primeira é unha actvididade para aprender a reciclar.

 DESCARGAR

Agora propóñovos un reto para levar a cabo na seguinte semana e que consiste en realizar as tarefas de :
SEPARACIÓN DE LIXO
REUTILIZACIÓN DE ENVASES
DESCONECTAR OS APARELLOS ELÉCTRICOS QUE NON SE ESTÁN A USAR
 REUTILIZAR BOLSAS NAS COMPRAS
AFORRO DE AUGA
 Deberedes ir marcando nun almanaque ou un diario ao longo da semana cantas veces realizades cada unha destas tarefas.e ao rematar a semana facer un reconto para ver como de eficientes fóstedes protexendo o medio ambiente. Esta proposta foi eleborada pola profesora Estefanía Torres a quen queremos agradecer dende aquí que a comparta con nós.

DESCARGAR


xoves, 4 de xuño de 2020

REPASO 23

Estas son as actividades de repaso correpondentes á proposta anterior na que podedes seguir aprendendo novas cousiñas sobre as nubes.

DESCARGA